O Terceiro Sorriso é un proxecto gratuíto da asociación Diversos que utiliza a arte para fomentar a inclusión de persoas con discapacidade na Coruña. Trátase dunha iniciativa destinada a garantir que a cultura sexa un dereito accesible para todas as persoas.

Un compromiso compartido cunha sociedade máis inclusiva
Este proxecto enmárcase na 10.ª convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva do Concello da Coruña, impulsada a través da Fundación Emalcsa e en colaboración coa Fundación María José Jove e Vegalsa-Eroski. Grazas a este esforzo conxunto no que participan entidades públicas, sociais e privadas, *O Terceiro Sorriso* é unha iniciativa totalmente gratuíta destinada a xerar un impacto directo e positivo nos participantes e no tecido social da cidade.

Comunidad Diversos
Artes para o cambio….


Deseño web Sanoguera.es | Copyright Diversos.net

